O vindeiro venres levarase a cabo unha nova etapa de "Camiñar na Noite", será a sexta. Unha actividade na que o Concello de Ponteceso dá a coñecer os recunchos máis fermosos de cada parroquia.
Javier Couto é o encargado de facer e guiar estas fermosas rutas que sen dúbida xa son un referente único na Costa da Morte.
As persoas interesadas poden anotarse na 6ª etapa Brantúas-Niñóns, do vindeiro venres 13/08, no Rexistro Xeral do Concello de Ponteceso e na Oficina Municipal de Corme de luns a xoves (09:00 - 14:00) ou a través da Sede electrónica (sede.ponteceso.gal).
Descargas asociadas