Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso presentou hoxe a 28º Edición do Día da Bicicleta de Ponteceso e a 17º Edición da Ruta Cicloturística en Corme






















Hoxe presentouse a 28º Edición do Día da Bicicleta de Ponteceso e a 17º Edición da Ruta Cicloturística de Corme. Ó acto asistiron o alcalde, Xosé Lois García Carballido, Meli Amado, técnica de cultura, Reme Varela, técnica de deportes, Noelia Leis, monitora de deportes, Javier Couto, técnico de turismo, Policía Local e Protección Civil.
“O máis fermoso desta actividade e que se pode facer en familia, pais fillos e avós, poden disfrutar todos xuntos dun paseo en bici por distintos puntos de Ponteceso” explicou Meli Amado.
“Non temos verán en Ponteceso sen o colorido do Día da Bicicleta e da Ruta Cicloturística de Ponteceso por Corme. Esto non sería posible sen o traballo moitas veces silencioso e non recoñecido de Protección Civil Ponteceso que xa está preparando todo o dispositivo xunto co departamento de deportes que dirixe Remedios Varela e Noelia que están traballando moi activamente en que todo saia ben. Vai a ser unha xornada festiva na que saltamos ao que é a mobilidade verde e ecolóxica por excelencia. Máis que nunca estamos agora mesmo diante dunha crise enerxética e é moi importante que a bicicleta ocupe máis espazo nas nosas rúas e que deixemos de usar tanto o vehículo particular” sinalou, Carballido.
O Día da Bicicleta de Ponteceso levarase a cabo o domingo 7 de agosto e a saída será ás 11.00 horas da Praza do Recheo e a Ruta Cicloturítica de Corme será o 14 de agosto e a saída terá lugar ás 11.00 horas da Praza da Ribeira.
A inscrición é de balde e farase o mesmo día da actividade dende as 09.00horas ata as 10.45 horas. Haberá sorteo de agasallos ó finalizar os diferentes eventos.
Dende o Concello de Ponteceso animamos a todas as persoas a que participen en ambas actividades e agradecemos as empresas colaboradoras a súa implicación.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso