O programa de “Coidados Porta a Porta” atende de maneira gratuíta ás persoas maiores a partir dos 55 anos para a prevención da dependencia. Ofrece servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.
Por unha banda, realizán consultas básicas de podoloxía, corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas e calosidades e fan unha valoración xeral do pe, previndo e tratando posibles patoloxías.
Ademais fan unha realización de probas de valoración cognitiva e exercicios para a prevención do alzhéimer e, no referido á audioloxía, ofrecen consultas básicas e traballan para previr as posibles perdas de audición.
Se precisas estes servizos debes pedir cita nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992 ou enviar un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Descargas asociadas