Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso lembra os horarios de información turística, biblioteca e visita ao MELGA


O Concello de Ponteceso lembra que o edificio que unifica o servizo de información turística, Biblioteca Municipal e Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) conta cun amplo horario de atención ao público.
Así os que precisen información turística poderán achegarse de martes pola tarde a domingo a mediodía. Os horarios das mañás serán de 10.00 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas.
Biblioteca
Pola súa banda a Biblioteca Municipal permanecerá aberta os martes de 17.00h a 20.00h, e os mércores, xoves e venres de 10.00h a 14.00h, e de 17.00h ata as 20.00h.
MELGA
Para aqueles que desexen visitar o MELGA este terá as portas abertas seis días a semana. Os horarios son martes de 17.00h a 20.00h e de mércores a sábado de 10.00h a 14.00h, e de 17.00h ata as 20.00h. O domingo podes achegarte entre as 10:30h a 14:00h.
Lembra que se queres visitar o Museo en grupo ou dentro dunha excursión é preciso chamar antes ao 981 715 442.

Concello de Ponteceso