O Concello de Ponteceso traballa cos maiores nos talleres de memoria que hoxe se levaron a cabo en Ponteceso e en Corme.
Un programa de envellecementoactivo que traballa a estimulación cognitiva, a xeronto-ximnasia, o manexo de móbiles…
Unha aposta por manter activa a mente e o corpo para seguir adiante cada día, que se desenvolve os mércores de abril e maio no edificio verde de #Ponteceso e na Casa dos Veciños de Corme.