Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte volverá a recibir visitantes esta Semana Santa.

As instalacións de Corme reabrirán as súas portas dende o martes, día 12 deste mes, ata o domingo 17.

Durante seis xornadas, unha técnica de turismo prestará o seu servizo a todas as persoas que queiran coñecer a extensa e variada obra de Julio Pujales, así como de outros artistas de renome e talentos mozos. O MACCMO poderase percorrer de martes a sábado de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00, e tamén o domingo de 11.00 a 14.00 horas.

Concello de Ponteceso