Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso participou nunha reunión sobre o programa de acollida das persoas ucraínas

“O interese é que os que veñan, teñan todos os dereitos garantidos”

O Concello participou na reunión sobre o programa de acollida das persoas ucraínas que organizou a Deputación da Coruña e na que, ademais, formaron parte outras entidades como Accem, Cruz Vermella, Sen Valos ou Ecos do Sur.

Tanto a Deputación como a Fegamp e as diferentes agrupacións indican que, ante a chegada dunha persoa de orixe ucraíno con motivo da guerra, Servizos Sociais deberá derivalo a Accem, xa que é a entidade que xestiona o acollemento de persoas solicitantes de protección internacional en Galicia. Ao solicitar protección internacional, estaría en situación regular e incluiríase no programa de acollemento do Ministerio. Deste xeito, tería garantidos dereitos como son aloxamento na rede de centros a nivel estatal, atención psicolóxica, clases de español, asesoría xurídica, asistencia sanitaria... Polo momento, hai prazas suficientes no programa.

A todas as persoas interesadas en acoller a unha familia, a indicación é informar que o Ministerio non xestiona acollementos en domicilios, pero hai moitos xeitos de colaborar coas ONGs que están axudando ós refuxiados, como a campaña a nival local Corre por Ucraína que leva a cabo o Concello de Ponteceso e Cáritas Diocesana, e outras de ámbito galego e español das organizacións arriba mencionadas.

Incídese na importancia de non crear falsas expectativas nin deixarse levar por iniciativas descoordinadas. O interese é que os que veñan, teñan todos os dereitos garantidos.

En breve seguiremos informando. Grazas.

Concello de Ponteceso