Conclúe o 31 deste mes
O prazo para que as familias numerosas do Concello poidan facer a solicitude de bonificación do Imposto sobre Bens Inmobles da súa vivenda remata o día 31 deste mes.
A documentación que se ten que achegar é a seguinte:
• Fotocopia do documento de propiedade da vivenda.
• Fotocopia do DNI do propietario/a.
• Fotocopia do título de familia numerosa.
• Volante de empadroamento colectivo.
As persoas interesadas poden consular máis información no departamento de educación familiar: teléfono 881 983 223.