Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Concentración silenciosa no Concello como mostra de apoio a Ucraína

Asistiron responsables políticos municipais, funcionarios e persoal do consistorio laboral

Responsables políticos municipais, funcionarios e persoal laboral do Concello de Ponteceso reuníronse na casa consistorial para secundar unha concentración silenciosa como mostra de apoio ao pobo de Ucraína.

Foi unha convocatoria da Femp e a Fegamp para solidarizarse co país eslavo, que está sufrindo os ataques bélicos de Rusia.

No acto estivo un representante de UXT, que será o responsable de recoller e organizar o material entregado polos membros do sindicato para enviar a Ucraína.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso