Será o próximo mércores na casa consistorial
O Concello de Ponteceso responde ó chamamento da Federación Española de Municipios e Provincias e convoca para o próximo mércores, día 9 de marzo, ás 12:00 horas, un acto en solidariedade co pobo ucraíno.
Consistirá nunha concentración silenciosa de cinco minutos fronte ás portas da casa consistorial.
Desta maneira, dende o goberno local trasladamos o noso apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucraína.
Descargas asociadas