Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Novo servizo de atención ó cidadán nas xerencias do Catastro

Trátase de videoconferencias que permiten ver a descrición gráfica das parcelas sen necesidade de desprazarse ás oficinas

A Dirección Xeral do Catastro pon en marcha un novo servizo de atención por videoconferencia: Catastro Directo (CADI).

Estará dispoñible nos servizos de atención ó cidadán de todas as xerencias do Catastro e permitirá que as persoas sexan atendidas por videoconferencia por persoal funcionario, aforrando desta forma os desprazamentos ás oficinas.

A diferenza da atención telefónica, permitirá amosar ó cidadán a descrición gráfica das súas parcelas na Sede Electrónica do Catastro.

A data prevista para o inicio do proxecto é o 14 deste mes.

É un servizo cuxa prestación está suxeita a cita previa. @s interesad@s deberán solicitar vez chamando á línea directa do Catastro: 913874550 / 902373635.

Concello de Ponteceso