Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Gran participación na edición número 28 do desfile de disfraces en Ponteceso

Todas as comparsas levaron un premio económico

Ponteceso gozou este domingo do entroido polo centro da vila co desfile de disfraces, que xa vai pola edición número 28. A festa rematou no pavillón municipal coas actuacións dos entroidos e máis animación.

Foron seis as comparsas que nesta xornada se animaron a vestir as súas galas máis orixinais, e todas levaron premio en función do número de persoas que as integraban do seguinte xeito: 11 ou máis integrantes, 250 euros; de 6 a 10, 200, e de 5 ou menos, 100. Estas foron as representacións: Souvenirs, Souvenirs; A familia Telerín, Pallá voy, Os paiasos da tele, Oa bombeiros con flow e Os Minicraferos.

A maiores, os últimos, dous cativos ben xeitosos, fixéronse co premio especial de 350 euros. A decisión foi tomada polos propios participantes.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso