Os participantes optarán a premios que suman 3.000 euros en total
O Concello de Ponteceso presenta a XXVIII edición do desfile de disfraces Ponte de Entroido, que volve á escena este ano na capital da localidade logo dun 2021 de parón. Será o domingo 27 deste mes e está pensado para que participen dende os máis cativos ata os maiores. En total repartiranse 3.000 euros en premios.
Partirá ás 17:00 horas da Praza do Recheo e finalizará no pavillón. En caso de chuvia, realizarase directamente no espazo interior. Media hora máis tarde será a quenda dos desfiles e das actuacións musicais e teatrais e, ás 19:00, chegarán os inchables e a animación.
A festa continuará o martes 1 de marzo no polideportivo de Corme co baile de disfraces. Dende as 17:30 horas haberá inchables e, ás 18.30, será a entrega de obsequios, o desfile e a animación.
Os nen@s (ata doce anos) que vaian disfrazados e queiran participar no desfile levarán un agasallo. Non é preciso anotarse
Inscricións e categorías
Os interesados en participar nestes concursos poderán facelo nas categorías de comparsas ou carrozas. Será necesario a inscripción previa.
Os maiores de 12 anos deberán presentar certificado covid.
No caso das outras dúas, están divididas en tres subgrupos: de 11 ou máis persoas, de 6 a 10, e de 5 ou menos integrantes. A maiores, as persoas que desexen participar en carrozas deberán facelo en calquera estrutura remolcada por vehículo motorizado ou construída sobre el, cunha elaboración coidada e, de polo menos, dúas rodas e con capacidade para mínimo catro persoas.
Para concursar en comparsas e carrozas é preciso apuntarse antes do día 26 de febreiro ás 12:00 no teléfono 630 90 71 24.
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas