Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Participación pública no proxecto do Anllóns, que dinamizará todas as parroquias que atravesa o río

O Concello quere que a veciñanza aporte ideas

A idea de conectar toda a ribeira do río Anllóns nun só proxecto foi proposta polo Concello de Ponteceso e recibida con entusiasmo polos concellos ribeireños e a Deputación provincial da Coruña. É imprescindible redactar proxectos conxuntos con todas as garantías legais e ambientais para poder aspirar a conseguir fondos europeos que dinamicen as parroquias que atravesa o río, creando empregos relacionados co turismo, a cultura e o patrimonio.
Como di o estudo ambiental que podes ver premendo na ligazón de abaixo, o presente proxecto expón a mellora do estado ecolóxico do río, así como unha posta en valor sustentable de forma turística mediante a execución de distintas actuacións de restauración ecolóxica, control e erradicación de especies exóticas, revexetación con especies autóctonas, acondicionamento e creación dunha senda transitable.
O Concello xa enviou o estudo á Asociación Cultural O Campo do Río de Anllóns, que se ten destacado na defensa e limpeza do río na parroquia que lle dá nome. Queremos tamén que a sociedade opine e aporte ideas. É fundamental a aportación que fixo o Instituto de Estudos Bergantiñáns na súa publicación "O Río Anllóns, arteria principal de Bergantiños", que foi patrocinado polo Concello de Ponteceso e outros, e presentado por primeira vez en público na fermosa área recreativa da Garga de Anllóns, en Ponteceso. Para aportar ideas e comentarios, escribe a xose.garcia@ponteceso.gal e destaca no encabezamento se o teu comentario é público ou privado.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso