Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso recolleu, porta a porta, 22 toneladas de residuos urbanos especiais no 2021

A iniciativa segue en marcha este ano, con novas rutas a vindeira semana

Ponteceso é sostible grazas á colaboración veciñal. Ao longo do 2021 recolléronse 22 toneladas de residuos urbanos especiais porta a porta, todo un éxito. Foron 1.500 vivendas as que fixeron uso do servizo ofertado polo Concello e a empresa Collecting Oil.
Os aceites e as graxas foron os residuos máis recollidos, con 13.984 quilos (15.538 litros). As prendas de roupa seguíronlles con 3.219 quilos. En canto a aparatos electrónicos, entregáronse 2.773 quilos. Os metais recollidos foron 1.591 quilos; pilas e baterías, 727 quilos; cartuchos e tóner, 282 quilos, e fluorescentes, 146 quilos.
Neste 2022 imos a por máis. Levamos todo o mes con esta iniciativa en marcha. A vindeira semana as rutas serán as seguintes:
• Luns, día 24 de xaneiro: A Gándara, Seixos, Petón, Polígono de Tella, Tallo, Vila de Suso e O Rieiro.
• Martes 25: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira e Ardabón.
• Mércores 26: A Ponte Dona, Xornes e Pazos.
• Xoves 27: Pazos, Riotorto, Limiñoa, O Barreiro, Cores, Vila de Suso, Figueiroa e A Costa.
• Venres 28: A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores e O Castro.
Pilas e baterías, lámpadas... Débese deixar o lixo nun lugar accesible antes das 9.00 horas. As persoas interesadas poden contactar coa empresa de recollida no teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com.

Concello de Ponteceso