Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo para que as familias numerosas do Concello poidan facer a solicitude de bonificación do IBI da súa vivenda

O prazo remata o día 31 de marzo deste ano

Xa está aberto o prazo para que as familias numerosas do Concello de Ponteceso poidan facer a solicitude de bonificación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) da súa vivenda.

A documentación que se ten que achegar é a seguinte:
- Fotocopia do documento de propiedade da vivenda.
- Fotocopia do DNI do propietario/a.
- Fotocopia do título de familia numerosa.
- Volante de empadroamento colectivo.

O prazo remata o día 31 de marzo deste ano.

Consulta máis información no departamento de educación familiar: teléfono 881 983 223.

Concello de Ponteceso