Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso rexistra 124 casos activos de covid a día 11 de xaneiro

Os afectados que precisen axuda poden contactar co Concello

Segundo os últimos datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde, o Concello de Ponteceso rexistra 124 casos activos de covid a día 11 de xaneiro.

Recordamos que calquera persoa que o precise pode contactar co consistorio a través do teléfono 981 714 000.

O uso da máscara, manter a distancia social e desinfectar as mans con xel hidroalcohólico segue sendo clave para frear a pandemia.

Así mesmo, informamos que o consistorio interesouse por un punto de cribado sen cita, para evitar ter que desprazarse á Coruña, e prometeron poñer un pronto en Carballo, como finalmente confirmaron este martes, día 11, á tarde.

Concello de Ponteceso