Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Concerto pedagóxico no CEIP Eduardo Pondal

Asistiron os alumnos de quinto e sexto de primaria

O departamento de Cultura do Concello de Ponteceso organizou este venres, día 10 de decembro, un concerto pedagóxico, impartido por Pablo Carpintero e Rosa, dirixido ao alumnado dos cursos quinto e sexto de educación primaria no CEIP Eduardo Pondal.
Esta actividade estivo subvencionada pola Deputación da Coruña, dentro do programa "Patrimonio GZ Sons", para difundir a recuperación e posta en valor da riqueza do patrimonio musical galego.

Pode ver a iniciativa na canle de Youtube do Concello: https://www.youtube.com/watch?v=TgtV-MD1RXM&feature=youtu.be

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso