Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso licita un innovador sistema de renumeración dixital das vivendas e fincas urbanas

A execución deste proxecto acabará cos problemas ocasionados por unha numeración obsoleta durante 20 anos

Ponteceso licita por 56.019,31 euros un innovador sistema de renumeración dixital das vivendas e fincas urbanas do Plan Xeral, que vai aportar ao Instituto Nacional de Estatística e ao soporte de Google para que apareza o enderezo exacto en todos os navegadores do mundo. O Concello aproveita unha axuda do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte, con aportación de fondos propios. A elaboración deste proxecto soluciona as queixas dos veciños pola falta de números, duplicidades e outros danos ocasionados por unha numeración obsoleta durante 20 anos. As empresas teñen ate o 12 de decembro para presentar as súas ofertas e o prazo de execución será de máximo 7 meses, aínda que puntúa a redución de prazos.

"Seremos dos primeiros concellos onde calquera rúa e número que poñas na Internet, ten que levarche directo á porta da casa, da finca edificable ou da empresa, sen erros nin duplicidades. É un servizo moi demandado, non só pola compra en liña. Cando hai unha emerxencia, o tempo é ouro e os servizos teñen que chegar canto antes á casa ou negocio que vai aparecer no navegador", explicou o alcalde, Xosé Lois García Carballido.

O Concello aproveita unha axuda de 38.000 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, xestionada polo GDR Costa da Morte, dentro do Plan Leader. Agader valorou case no máximo elixible o proxecto de Ponteceso, cun 76.80 % de axuda. As empresas licitadoras deben contar cun enxeñeiro informático e outro agrónomo, que desenvolverán o traballo que se describe no documento adxunto.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso