Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

“Dúas donas que bailan” clausurou o 28º Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso

Foron catro as mostras que completaron o cartel ao largo deste mes

O 28º Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso chegou este sábado, 27 de novembro,
ao seu fin logo da representación de “Dúas donas que bailan”, de Teatro do Atlántico.
Esta foi a cuarta mostra do programa que se levou a cabo ao largo deste mes.
A obra desta semana compartiu o drama, os soños e os fracasos dos seus complexos
personaxes nunha viaxe intensa, brutalmente divertida, conmovedora, chea de beleza
dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres esconden baixo a
férrea armadura da ironía e a dureza coa que tentan defenderse dos implacables embates
da sociedade insensible e cruel na que lles tocou vivir. Levouse a cabo, como de
costume, de noite, no salón de actos do Edificio das Escolas.
Esta iniciativa municipal está subvencionada pola Deputación da Coruña. Dende o
consistorio só nos queda dar as grazas a todos os asistentes, así como ás compañías
participantes. Vémonos o vindeiro ano!

Concello de Ponteceso