Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Asfaltada a vía de Vimieiro ao Campo de Pazos, que estaba moi deteriorada

Os traballos foron cofinanciados pola Xunta de Galicia e o Concello de Ponteceso

Este xoves, as concelleiras Maite Chouciño Calvete, de Pazos, e Noelia Varela Suárez, primeira tenenta de alcalde, así como Xosé Lois García Carballido, alcalde, supervisaron a execución dun asfaltado en Pazos.
Trátase do arranxo da vía que vai dende o núcleo de Vimieiro ata o Campo e a Escola unitaria, unha zona que estaba bastante deteriorada.
Esta actuación contou coa cofinanciación da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, a Xunta de Galicia, a Consellería de Medio Rural e o Concello de Ponteceso.
Os traballos completaranse co pintado e coa sinalización da vía.
“Pazos é unha parroquia con gran dinamismo empresarial e o Concello está empeñado en que se desenvolva. Maite vive aquí e está sempre atenta ás demandas veciñais”, declarou o alcalde.

Concello de Ponteceso