Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso conmemorou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con varios actos


A veciñanza uniuse á marcha realizada a primeira hora da mañá


Ponteceso conmemorou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con varios actos. A primeira hora da mañá levouse a cabo una marcha dende o Edificio das Escolas ata a casa consistorial, que contou coa participación veciñal. Acto seguido, dende o Concello leuse un manifesto no que se destacaron os casos máis recentes de vítimas de violencia de xénero, prestando especial atención ó número de menores que quedan orfos por estes actos. Por último, a ponte do Anllóns iluminouse de morado para visibilizar esta loita.
Dende o Concello recordamos que dende a concellaría de Igualdade traballamos de cara a tratar de erradicar esta lacra social. Dende estas liñas ofrecémoslle a nosa axuda a todas as mulleres que estean atravesando por unha situación deste tipo.

Concello de Ponteceso