O Concello prepara unha marcha para o 25 de novembro
A falta de menos dunha semana para o 25 de novembro, día no que se conmemora a eliminación da violencia contra a muller, o Concello de Ponteceso xa prepara unha serie de actos para axudar a concienciar sobre esta lacra.
Un deles será a marcha contra a violencia de xénero, a partir das 10.00 horas dende o Edificio das Escolas ata a Casa do Concello.
Dende o consistorio animamos a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa para loitar pola igualdade.