Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Trinta e cinco fogares máis de Ponteceso contan dende hoxe cun composteiro

Logo da charla explicativa impartida esta mañá por unha técnica de Sogama foron repartidos os composteiros entre os veciños e veciñas que o solicitaron


A Biblioteca Municipal de Ponteceso acolleu esta mañá unha nova sesión explicativa sobre o uso correcto dos composteiros. A sesión informativa estivo impartida por Cristina Cabana Díaz, técnico de Sogama, e os asistentes puideron coñecer as claves para o uso correcto do composteiro e de como facer compost.
Ao finalizar a charla explicativa, as e os veciños que así o solicitaran previamente, entregóuselle os composteiros. Dende hoxe, 35 fogares máis do Concello de Ponteceso comezarán a facer compost e levar a cabo prácticas sostibles e respectuosas co noso entorno. Únense así aos máis de cen veciños que xa están a realizar compost dende as súas casas e reducindo deste xeito os refugallos orgánicos que se depositan nos colectores.
O Concello de Ponteceso continúa así desenvolvendo o seu plan de compostaxe e do fomento de prácticas sostibles que nos permitan coidar do noso medio.
Amais as e os asistentes á charla explicativa desta mañá, tiveron a oportunidade de visitar a exposición de Fegadace, sobre o dano cerebral que permanecerá exposta no Melga ata o día 17 de novembro.

Concello de Ponteceso