Con esta iniciativa, organizada por LimpOcean e en colaboración co Concello de Ponteceso, pretendemos concienciar da problemática que supón o lixo mariño para a saúde do noso Planeta e para a de toda a sociedade
Este sábado 23 de outubro, de 11 horas a 13:30 horas, a Praia de A Ermida acollerá unha actividade de limpeza e recollida de lixo do areal pontecesán.
Con esta iniciativa, organizada por LimpOcean e coa colaboración do Concello de Ponteceso, pretendemos concienciar da problemática que supón o lixo mariño para a saúde do noso Planeta, e por conseguinte para a saúde de todas e todos.
Dende o Concello de Ponteceso animamos a todas as veciñas e veciños a participar nesta actividade e colaborar así a coidar dos nosos mares e océanos.
Logo da recollida do lixo, levarase a cabo unha clasificación e análise do lixo para que despois poida ser reciclado.
Coa actividade deste sábado, o Concello de Ponteceso segue a apostar por iniciativas que fomenten prácticas respectuosas co medio ambiente.
Durante a actividade as e os participantes deberán levar máscara obrigatoria e será preciso inscribirse previamente enviando un correo electrónico facilitando os datos persoais (nome completo, DNI, teléfono) a eventos@limpocean.com.