Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

En novembro comeza unha nova edición do Ciclo de Teatro en Ponteceso

XXVIII Ciclo de Teatro en PontecesoO Concello de Ponteceso informa que no mes de novembro dará comezo a edición XXVIII do Ciclo de Teatro en Ponteceso.
Dende o 6 de novembro e ata o 27 de novembro, Ponteceso encherase de teatro todos os sábados do mes, ás 22:30 horas, no salón de actos do Edificio das Escolas.
Para asistir ás representacións que terán lugar no marco da nova edición do Ciclo de Teatro é preciso reservar as entradas contactando co Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso na mesma semana en que se representará o espectáculo ao que se desexa acudir ou unha hora antes da función.
Estas son as actuacións previstas:
• 6 de novembro: "Feminísimas" de Ste Xeito Producións
• 13 de novembro: "Mofa e Befa: dúas pedras no camiño" de Producións Teatrais Excéntricas
• 20 de novembro: "A lingua das bolboretas" de Sarabela Teatro
• 27 de novembro: "Dúas donas que bailan" de Teatro Andamio
Dende o Concello de Ponteceso animamos a todos os veciños e veciñas da nos localidade, así como da comarca para que gocen e vivan o teatro en Ponteceso neste mes de novembro.


Concello de Ponteceso