Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Mulleres loitadoras do Concello de Ponteceso celebran o Día Internacional da Muller Rural compartindo as súas experiencias vitais e profesionais

Día Internacional da Muller Rural
O Concello de Ponteceso conmemorou este sábado, 16 de outubro, o Día Internacional da Muller Rural, coa celebración dun acto no local da asociación da Campara.
Ao longo da tarde, tres mulleres e en representación de todas as mulleres do concello, relataron a súa experiencia vital e profesional. Patricia Gundín Garrido, autónoma e emprendedora; Isabel García García que desempeña o seu traballo no sector da compra e venda de peixe; e Ana Dávila Durán do Bodegón O Labrego de Corme e con 23 anos de experiencia na hostalería, proveñen de sectores profesionais diversos pero todas elas con un nexo en común: proceden do ámbito rural. Tamén estaba previsto que participara no evento María Jesús Blanco Cancela de Granxa Ourada que por motivos laborais non puido acompañarnos. Todas elas son mulleres loitadoras e que desempeñan un papel fundamental na nosa sociedade, e neste día, quedou patente a gran labor das mulleres rurais.
Ao final do acto a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Atención ao Cidadán e Transparencia, Noelia Varela fixo entrega ás participantes dun diploma e un agasallo.
No evento desta tarde estiveron presentes tamén a concelleira de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio, Maite Chouciño, e representantes da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, Fademur.
Con este evento o Concello de Ponteceso, como en anos anteriores, homenaxea ás mulleres rurais visibilizando a súa gran labor e contribución na nosa sociedade.

Concello de Ponteceso