Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Alumnado do IES de Ponteceso de visita no Museo de Arte Contemporánea de Corme

Esta mañá do xoves 14 de outubro, o alumnado de Historia da Arte e de Debuxo do IES de Ponteceso visitou o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte de Corme, MACCMO.
As e os alumnos realizaron una visita guiada por tódalas salas do MACCMO. Amais, aproveitaron para ver a exposición "Facer Camiño" da Real Academia Galega de Belas Artes, que está a piques de rematar e na que puideron descubrir as 23 obras de pintura, escultura e fotografía de 12 dos máis destacados artistas galegos contemporáneos.
Durante a visita, estiveron acompañados polas profesoras de Historia e Debuxo, Emma Alvarellos e Beatriz Fernández, e as e os alumnos puideron facer un percorrido polas esculturas expostas na terraza do museo aproveitando o bo tempo.

Concello de Ponteceso