Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As obras de reparación do tellado do PAC de Ponteceso comezarán en breve

O Xerente da Área Sanitaria de A Coruña e Cee, Luis Verde Remeseiro, informou ao Alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, na tarde deste pasado domingo 03 de outubro, o inminente comezo das obras de reparación do tellado no Punto de Atención Continuada de Ponteceso.

Durante a duración dos traballos de arranxo do teito, a atención médica do PAC realizarase na zona de día no Centro Médico e pregamos, de antemán, a comprensión dos usuarios ante as molestias que estas tarefas de reparación poidan ocasionar.

O Concello de Ponteceso agradécelle ao Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a súa resposta ás peticións de obras de mellora das instalacións do PAC e do Centro Médico, realizadas polo Alcalde de Ponteceso.

Concello de Ponteceso