Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso celebrará este luns 27 de setembro a sesión ordinaria do Pleno

Este luns 27 de setembro ás 20 horas, o Concello de Ponteceso celebra a sesión ordinaria do Pleno, onde amais das iniciativas de control ao goberno, proporase a aprobación da Conta Xeral de 2020, participar na segunda fase do Plan de Obras e Servizos da Deputación de A Coruña cunha obra de 310.110,16 euros, e unha compatibilidade laboral para un traballador do Grupo de Emerxencias Supramunicipais, GES.

Conta Xeral 2020
Dende que Lois García é Alcalde de Ponteceso, o Concello non solicitou ningún préstamo bancario, polo que a redución da débeda que se xerara na etapa anterior a 2015, continuou en 2020. O Concello segue xerando superávit en 2020, cun bo ritmo de gasto en bens, servizos e investimentos superior aos 3,2 millóns de euros.

Balance ingresos / gastos
O Concello ingresou 4.986.296,06 euros. Dende que Lois García é o Alcalde de Ponteceso conxeláronse todos as taxas e impostos. Se a isto lle engadimos o efecto do IPC, resulta un descenso do 20% na carga fiscal real para os veciños e veciñas.

Para conseguir estes ingresos, cabe destacar os cartos que se conseguiron doutras administracións. As transferencias correntes ascenden a 2.741.919,81 euros e as transferencias de capital a 434.857,53 euros. É fundamental para Ponteceso seguir obtendo fondos doutras administracións e evitar rexeitalos no Pleno.

O balance final foi positivo, cun remanente de tesourería favorable de 673.566,92 euros. O remanente é moi superior ás facturas pendentes, polo que se poden aprobar todas en pleno e aínda restarían fondos para investimento.

Fondos nos bancos (estado de tesourería a 31/12/2020): 1.185.253 euros.

A aprobación e remisión da Conta Xeral antes do 15 de outubro é indispensable para seguir recibindo subvencións das outras administracións.

1.- VIARIO DE NIÑÓNS A NEMEÑO POR OS ÁNXELES
Cunha lonxitude de 1.250x4,15, 100x6.0, 325x4,0 e 75x3,5 m, preténdese a mellora da capa de rodaxe destes treitos con 5 centímetros de aglomerado en quente, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semi profundo.

Contémplase tamén un treito de 25x1,0 m con pavimento de formigón coloreado e colector de pluviais PP corrugado Ø400 mm SN-8 con dous cruces de 5 m. (con reforzo de formigón) para a evacuación das augas e un treito de 15 m de berma formigonada.

Finalmente contémplase a apertura de gabias, limpeza de salva gabias e un caz de formigón con reixa para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal e o pintado das liñas de bordo, 5 símbolos de STOP e 3 sinais verticais de STOP para a mellora da seguridade viaria dos treitos.

2.- MELLORA DE SEGURIDADE VIARIA DE CURRÁS A XUNCAL PEQUENO
Contémplase o pintado das liñas de bordo nun treito de 750 m, o pintado de símbolos e a instalación de dous treitos de barreira de seguridade (56 e 88 m.) para mellorala seguridade viaria do treito.

3.- ACCESO AO TOURAL - CORME ALDEA
Contémplase a mellora do pavimento nunha superficie de 435m, co estendido de formigón coloreado en pavimento de 20 cm de espesor sobre unha cama de regularización de 10 cm de xabre artificial. Previamente realizarase a demolición do pavimento existente.

Tamén se valora a instalación de 100 m de tubaxe de pluviais (PP corrugado Ø400 mm SN-8), previa escavación e posterior recheo e compactación, coas correspondentes arquetas sumidoiro e catro caz de formigón “in situ” con reixa.

4.- CAMIÑO DE PEDRA DA SERPE A SAN HADRIÁN
Cunha lonxitude total de 600 m. e 3,25 m. de ancho, preténdese a mellora da capa de rodaxe con 6 cm de aglomerado en quente toda a plataforma, previa reparación de fochas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semi profundo.

Tamén se valora a execución de 600 m de cuneta de formigón de seguridade (10:1 H:V) e execución de 5 arquetas con reixa para conexión cos cruces existentes.

Finalmente contémplase a apertura de gabias e limpeza de salva gabias para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal e o pintado das liñas de bordo e 2 símbolos de STOP para mellorala seguridade viaria.

5.- CAMIÑO DE ACCESO A FROXÁN
Cunha lonxitude total de 330 m. e 3,25 m. de ancho, preténdese a mellora da capa de rodaxe con 6 cm de aglomerado en quente toda a plataforma, previa reparación de fochancos e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semi profundo.

Tamén se valora a execución de 330 m de cuneta de formigón de seguridade (10:1 H:V) e execución de 3 arquetas con reixa para conexión cos cruces existentes.

Finalmente contémplase a apertura de gabias e limpeza de salva gabias para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal e o pintado das liñas de bordo e 1 símbolo de STOP para mellorala seguridade viaria.

6.- CAMIÑO DETRÁS SUPER RAMA EN A CAMPARA
Cunha lonxitude total de 80x3,0 e 400x4,2 m. de anchura, así coma 150 m² de abanicos e sobre anchos, preténdese a mellora da capa de rodaxe con 6 centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de fochas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semi profundo.

Finalmente contémplase a apertura de gabias e limpeza de salva gabias para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal e o pintado das liñas de bordo e 2 símbolos de STOP para mellorala seguridade viaria.

7.- MELLORA DO CAMIÑO DOS TORRADOS A SANTA CRUZ
Cunha lonxitude total de 300 m. e 3,5 m. de anchura, así coma 80 m² de entronques, preténdese a mellora da capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de fochancos e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semi profundo.

Tamén se valora a execución de 300x1,2x0,2 m de formigón na zona da cuneta con colector de pluviais (Ø400 mm PP corrugado SN-8) con arquetas sumidoiro e dúas arquetas colector para a conexión cos cruces existentes.

Finalmente contémplase a apertura de gabias e limpeza de salva gabias para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal e o pintado das liñas de bordo e 1 símbolo de STOP para mellorala seguridade viaria.

8.- MELLORA DO CAMIÑO DA CAMPARA Ó CASTRO
Cunha lonxitude total de 500 m. e 4,5 m. de anchura, así coma 50 m² de entronques, preténdese a mellora da capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente toda a plataforma, previa reparación de fochas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semi profundo.

Finalmente contémplase a apertura de gabias e limpeza de salva gabias para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal e o pintado das liñas de bordo.

Concello de Ponteceso