A Biblioteca Municipal de Ponteceso recibiu a visita dos “ratiños”, personaxes simpáticos creados pola compañía Trinke Trinke, para fomentar o gusto pola lectura nos máis pequenos e pequenas do Concello de Ponteceso.
Ante o público máis esixente, os nenos e nenas, “Os Ratos de Lonxedetodo” foron quen de metelos no peto a través do teatro e dunha chea de contos e historias que encheron de risas e curiosidade a Biblioteca de Ponteceso na tarde de onte venres, 17 de setembro.
A actividade tivo unha gran acollida por parte dos veciños e veciñas da nosa localidade, na que participaron preto de 40 persoas.
Descargas asociadas