Para as accións desta primeira fase das sendas de Tella, que unirán A Calle e o Parque Empresarial polo Petón, o Concello de Ponteceso investirá 30.000 euros e a Consellería de Economía, Emprego e Industria aportará 120.000 euros
A actuación proxectada sobre a estrada AC-419, no tramo PK.7+840 ao PK. 9+540, na súa Fase I, pretende rexenerar os accesos ao Parque Empresarial de Tella, mellorando así as condicións do entorno e diminuíndo á súa vez os riscos de seguridade viaria e adaptando as actuacións ás novas necesidades da poboación da zona. Deste xeito, estas obras que se levarán a cabo nas sendas de Tella e que unirán A Calle e o polígono polo Petón, mellorarán a conexión entre o parque empresarial e o núcleo urbano de Ponteceso, isto é, 2.270 metros de lonxitude en mellora de accesos.
O proxecto permitirá mellorar as actuais prestacións da estrada en beneficio dos usuarios para o que será preciso realizar unha intervención global do tramo indicado, conservando o trazado en planta e alzado da estrada que xa existe. Desenvolverase unha senda peonil que una o parque empresarial e o núcleo urbano de Ponteceso o que permitirá unha circulación segura para os viandantes e ciclistas, unha forma amais, de incentivar aos usuarios de vehículos a motor a empregar outros máis verdes, limpos e respectuosos co medio ambiente.
Descrición das obrasA obra sitúase na súa totalidade no entorno da AC-419 (PK.7+840 ao PK. 9+540), e afectará aos lugares de A Calle, Fontán e O Petón, da parroquia de Tella. Nas actuacións inclúese o arranxo da vía de servizo do Petón ao polígono así como a senda do parque empresarial ao cruce da pista da Agra a Lestimoño pola outra beiravía.
Realizarase actuacións á marxe dereita da AC-419, nos puntos indicados con anterioridade, para mellorar os accesos para dar continuidade peonil ao longo de todo o tramo. Entres os puntos quilométricos 7+840 e 8+045, está proxectada unha senda peonil, así como entre os PK. 8+045 e PK 8+185 un acceso que servirá amais como camiños de servizo ás parcelas privadas. Tamén, entre o PK 8+610 e o PK 9+540, e anexo á beiravía da AC-190, está prevista unha mellora da seguridade viaria peonil, habilitando, sempre que sexa posible, un carril de peón. Dito carril estará separado do tráfico rodado con separadores e realizarase tarefas de limpeza e mellora dos pluviais existentes. Entre o PK 8+190 e o PK 8+610, e polo interior do núcleo rural de Tella, mellorarase o firme.
Con respecto á marxe esquerda da AC-419, entre os PK 7+840 y el PK 8+410, existe un camiño de servizo da estrada autonómica para as parcelas privadas anexas, no que se propón acondicionar o ancho de xeito uniforme ao longo de 570 metros de dito acceso, así como a mellora do firme. Realizaranse tarefas de roza e limpeza das cunetas e darase continuidade a este camiño de servizo enfronte á nave emprazada na zona, para elo levarase a cabo un pequeno movemento de terras.
O prazo de execución da obra está prevista que sexa de noventa días e para as accións desta primeira fase das sendas de Tella, que unirán A Calle e o Parque Empresarial polo Petón, o Concello de Ponteceso investirá 30.000 euros e a Consellería de Economía, Emprego e Industria aportará 120.000 euros.