O Concello de Ponteceso participou na Feira de Interese Turístico de Galicia (FESTUR), celebrada entre o venres 3 e o domingo 5 de setembro, para promocionar a Festa do Percebe do Roncudo.
As actividades desenvolvidas consistiron en vídeos promocionais dos percebeiros/as e da Festa, exposicións das artes da Asociación de Redeiras Illa da Estrela, información e publicacións turísticas.