Deste xeito redúcese a velocidade de circulación para protexer peóns e ciclistas, usuarios sensibles de mobilidade urbá
O Concello de Ponteceso segue a mellorar a seguridade viaria da nosa localidade.
Coa nova aplicación da normativa de circulación, na que se especifica que nos centros urbáns a velocidade está limitada 30 km/hora, o concello vén de instalar varios coxíns berlineses, debidamente sinalizados, en diversas zonas. Deste xeito, para reducir a velocidade e controlar o acceso colocáronse na Praza da Bugalleira, na contorna da Ribeira e na Biscoiteira en Corme Porto.
Dende o Concello de Ponteceso recordamos que os e as peóns e ciclistas son parte sensible da mobilidade urbá e debemos entre todos e todas prestar especial coidado.
Amais, lembramos que nos centros urbáns, prazas e zonas residencias a velocidade está limitada a 30 km/hora.