Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto ao tráfico o tramo de A Bardanca en Anllóns

Rematan as obras de reposición da vía e o arranxo do muro de contención


O Concello de Ponteceso informa que as obras que se estaban a realizar no tramo da estrada de A Bardanca en Anllóns, remataron e polo tanto a vía volta a estar aberta ao tráfico.
Os traballos realizados, cun custe de 13.863,26 euros IVE inclusive, consistiron na reposición do vial afectado, así como o arranxo do muro de contención de granito.
Amais da obra acometida, instaláronse varias barreiras de seguridade metálicas en tres tramos da vía ata o cruzamento da estrada de titularidade autonómica, amais da colocación dunha reixa de ferro fundido en dita estrada para axudar na evacuación das augas pluviais. Deste xeito evitarase as inundacións das vivendas situadas debaixo da estrada coa chegada das choivas do inverno.
Lembramos, neste senso, que en Anllóns é preciso levar a cabo tarefas de saneamento das augas para o que se fai necesario o Plan de Obras pertinente, do cal este ano non conta o Concello de Ponteceso.

Concello de Ponteceso