Bonificarase o 100% da viaxe de volta nas autoestradas A Coruña- Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57)
As familias numerosas xa poden rexistrarse na web da concesionaria das autoestradas autonómicas para beneficiarse das bonificacións. O desconto será do 100% na viaxe de volta nas autoestradas A Coruña- Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57).
estes son os requisitos para poder acceder a esta axuda:
- Estar en posesión do título de familia numerosa en vigor, expedido pola Xunta de Galicia.
- Cubrir o impreso de solicitude de alta na páxina web www.autoestradas.com. Documentación requerida:
1. Título oficial de familia numerosa que inclúa a data en vigor.
2. Certificado de titularidade do dispositivo VIA-T. O titular do dispositivo ten que ser membro da familia numerosa.
3. Copia do permiso de circulación.
4. Só se pode asociar un dispositivo por cada familia numerosa. Agás nos seguintes casos:
* Pais divorciados (con resolución xudicial de custodia compartida ou de obrigación de prestación de alimentos).
* Familia numerosa de categoría especial.
- O vehículo que se asocie á familia numerosa debe usar como sistema de pago o de peaxe dinámico ou telepeaxe, con OBE, comunicado á sociedade concesionaria no formulario de alta.
- Os traxectos aos que se poida aplicar a bonificación ten que ser realizado polo mesmo vehículo lixeiro comunicado á sociedade concesionaria a través do formulario de alta.
- Os interesados están obrigados a manter actualizada a información e documentación facilitada á sociedade concesionaria.
- No caso de perda do OBE ten que ser comunicado de xeito inmediato e por escrito á sociedade concesionaria.
Descargas asociadas
Ligazóns recomendadas