Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Proxección, charla e coloquio sobre a figura do escultor José Luis Fernández

Será o xoves, 12 de agosto, no MACCMO e ofrecerá a charla a Natalia Fernández, arqueóloga e escultora, filla do artista

Proxección, charla e coloquio sobre o escultor José Luis Fernández
O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme, acolle este xoves 12 de agosto, ás 19:00 horas unha proxección e posterior charla e coloquio sobre a figura do escultor, natural de Oviedo, José Luis Fernández.

Será a propia filla do artista, Natalia Fernández, arqueóloga e tamén escultora, a encargada de impartir a charla no MACCMO. Amais, Natalia Feernández está a realizar estes días tarefas de restauración da obra de José Luis Fernández exposta no patio do Museo de Arte Contemporánea.

Concello de Ponteceso