Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As praias con bandeira azul do Concello de Ponteceso: espazos cardio-protexidos

As tres praias con este distintivo equipáronse con desfibriladores automáticos e con persoal capacitado para o seu uso

As praias de Balarés, A Ermida e O Osmo son dende este verán espazos cardio-protexidos. As tres praias que contan coa bandeira azul están equipadas con desfibriladores automáticos e persoal capacitado para o seu uso.

O Concello de Ponteceso vén de adquirir os tres equipos DEA, que na temporada de verán quedarán situados nos areais para logo no inverno, seren trasladados para o seu posible uso nas instalacións deportivas.

Deste xeito o Concello de Ponteceso quere prestar así un servizo aos usuarios das praias e conseguir facer das áreas de grande influencia espazos cardio-protexidos, aumentando a seguridade de todos os veciños e veciñas e dos visitantes á nosa localidade.

Concello de Ponteceso