O Concello de Ponteceso está a traballar, en colaboración coa Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, para recuperar a actividade
O Concello informa que o Rexistro Civil de Ponteceso permanece pechado temporalmente debido ás baixas no cadro do persoal.
A corporación municipal está a traballar, en colaboración coa Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, para poder recuperar en parte a actividade do Rexistro. O Concello de Ponteceso espera poder contar coa axuda de varios funcionarios que poidan atender ás peticións dos cidadáns e abrir o Rexistro Civil polo menos dous días á semana.
Mentres, os usuarios e os cidadáns que precisen dos servizos do Rexistro poden contactar co Concello de Ponteceso a través do número de teléfono 981 71 40 00 para rexistrar as súas peticións e serán avisados, por orde, cando poidan ser atendidos unha vez restablecido o servizo, amais de contar coa axuda e colaboración da Xuíza de Paz de Ponteceso.