Será na tarde de maná venres 6 de agosto no Centro de Saúde de Ponteceso
Mañá venres 6 de agosto realizarase un cribado poboacional no Concello de Ponteceso.
Segundo informan os responsables da Área Sanitaria de A Coruña e Cee, maná levarase a cabo un cribado aos veciños de entre 16 e 25 anos mediante probas PCR. Realizarase no Centro de Saúde de Ponteceso en horario de tarde de 15:30 ás 20:30 coa colaboración de Protección Civil de Ponteceso.
Todos as e os veciños desa franxa de idade, algo máis de 290 persoas, citaranse a través de mensaxe de texto ao teléfono móbil.