Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As actividades físico-deportivas deste curso 21/22 comezarán o 20 de setembro

O prazo de inscrición abrirá o vindeiro 4 de agosto ata o venres 6 de agosto

O Concello de Ponteceso presenta a actividade deportiva para este curso 2021-2022. Como novidade para este ano o programa físico-deportivo adianta o seu comezo ao 20 de setembro.
O prazo de inscrición abrirá o vindeiro 4 de agosto ás 9:00 horas, e poderanse facer as solicitudes ata o veneres 6 de agosto ás 14:00 horas, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso ou de forma presencial na oficina municipal de Corme e con cita previa, nos departamentos de Deporte e Cultura.
As e os interesados poden anotarse a actividades tales como ioga, tiro ao arco ou a ximnasia de mantemento ou de maiores.
As prazas son limitadas e adxudicaranse por sorteo público, tendo preferencia as persoas empadroadas no concello de Ponteceso

Concello de Ponteceso