Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O próximo 9 de agosto dará comezo un obradoiro de costura en Ponteceso

As inscricións poden formalizarse ata o día 5 de agosto, a través do teléfono de Cultura ou presencialmente, con cita previa

O Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso, en colaboración co Programa de Voluntariado Sénior da Xunta de Galicia, organiza un obradoiro de costura que comezará o próximo 9 de agosto.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 12 anos e desenvolverase os luns, mércores e venres ata o 17 de setembro, dende as 10:00 ás 11:30 horas no Edificio das Escolas.

As inscricións poderán formalizarse ata o día 5 de agosto, a través do teléfono do Departamento de Cultura (630 907 124) ou presencialmente, con cita previa. Para a actividade, será necesario o seguinte material: agullas, alfinetes, dedal, cinta métrica, tesoira e fío de ganduxar.

Concello de Ponteceso