Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O MACCMO acolle a presentación do libro de Encarnación Pisonero “A estrela de anís”, da man da súa tradutora Ánxeles Penas

O acto celebrarase o sábado 24 de xullo ás 19:00 horas

O Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte, en Corme, acollerá este sábado 24 de xullo, a presentación do libro de poemas “A estrela de anís” da escritora Encarnación Pisonero.
O acto, que comezará ás 19:00 horas, será presentado pola tradutora ao galego do libro, a poeta Ánxeles Penas.
Penas (Teixeiro, Curtis, 1943) cursou os estudos de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e de Belas Artes en San Fernando (Madrid), especializándose en escultura. Amais a poeta galega, estudou música no Conservatorio da Coruña e Maxisterio.
Ánxeles Penas, artista polifacética, ten a dobre faceta de escultora e pintora. Amais, talla en madeira, pedra e ensamblaxe, fai litografía, xilografía, pintura ao óleo, acrílico.
Ten no se haber nove premios literarios, entre eles, o Premio Nacional "Jorge Manrique" (1971) e na actualidade adícase ademais a escribir sobre arte.

Destaca tamén o traballo de Ánxeles Penas como crítica de arte en El Ideal Gallego de A Coruña. Tivo durante moitos anos unha sección fixa en La Voz de Galicia, sobre temas de cultura na nosa terra, co título de " Faíscas".

Concello de Ponteceso