Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo para presentar as obras ao Concurso Fotográfico “Xogos e deportes tradicionais en murais de azulexo”

O prazo para presentar as obras será ata o vindeiro 31 de xullo 2021

O concurso de fotografía “Os xogos e deportes tradicionais en murais de azulexo” realízase no marco da Inauguración da Exposición ao aire libre que leva o mesmo nome e foi presentada este pasado sábado 17 de xullo no campo exterior de xogos do Centro Cultural. O evento está organizado e patrocinado pola Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), o Concello de Ponteceso e a Obra Social e Cultural Subministros Lar de Cee.

O concurso é aberto e de balde para todas as persoas que desexen participar, tanto afeccionados como profesionais, maiores de cinco anos.
O obxectivo do certame é a de espertar na sociedade o interese pola fotografía, no campo lúdico e sobre todo nos xogos e deportes tradicionais.
O prazo para presentar as obras xa está aberto, dende este mesmo sábado 17 de xullo, ata o vindeiro 31 de xullo.
As e os participantes poden achegar ata dúas fotografías que poderán concursar en dúas categorías, unha avaliada por un xurado de seis membros, e outra por votación do público en xeral.
Os premios do Concurso Fotográfico “Xogos e deportes tradicionais en murias de azulexo” daranse a coñecer o 15 de agosto de 2021.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso