Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Un percorrido por Tella para a segunda ruta de "Camiñar na Noite"

O prazo de inscirición xa está aberto para participar este venres 23 de xullo na segunda andaina

Continuamos coas rutas de "Camiñar na noite". Este vindeiro venres, 23 de xullo terá lugar a segunda andaina do programa.

Desta volta, sairá do Campo dos Seixos (22:00) e percorrerase ao longo dos seis quilómetros que marca a ruta, a parroquia de Tella.

As prazas son limitadas, polo que é necesario anotarse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso.
Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net.

Para realizar a inscrición é preciso cumplimentar a ficha que se pode descargar aquí.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso