Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Volve a Corme o Mercado Artesán "Marusía"

Será este sábado, 24 de xullo, e contará con actividades paralelas ao mercado en diferentes espazos da localidade

Por segunda ocasión este verán, Corme contará cunha nova edición do Mercado Artesán "Marusía". Logo do éxito acadado o pasado mes de xuño, o vindeiro sábado 24 de xullo celebrarase o mercado organizado pola asociación Mulleres do Pobo e coa colaboración do Concello de Ponteceso.
Esta segunda edición de Marusía abrirá ese sábado a partir das 11:00 horas no Xardín Vello. Amais do mercado, están programadas diversas actividades paralelas que terán lugar en diferentes puntos da localidade.
Todas as persoas que visiten o mercado artesán, nenos e nenas e adultos, poderán participar dunha clase de ioga á beira do mar, de música e mesmo dun monólogo, entre outras actividades.

Horarios e espazos das actividades:

- Apertura do mercado no Xardín Vello ás 11:00 horas.
- Ioga á beira do mar con Lila Búa ás 12:30 horas.
- Música tradicional no Xardín Vello ás 13:30 horas.
- "Pallaso total", de Duende Circo, na Praza da Ribeira, ás 18:30 horas.
- Raigañas con Pandereteiras de Cerqueda no Xardín Vello ás 19:30 horas.
- Música tradicional con Os Farrapos no Xardín Vello ás 20:30 horas.
- Conxuro e queimada no Xardín Vello ás 23:00 horas.
- Sorteo da rifa para unha cea para dúas persoas no Xardín Vello ás 23:00 horas.
- Foliada aberta no Xardín Vello ata o peche.

Concello de Ponteceso