A actividade, enmarcada no ciclo “Mar de Relatos”, terá lugar todos os mércores deste mes de xullo ás 12:30.
A Asociación Cultural Insua de Viastela de Corme, ofreceu este mércores, a primeira sesión de lectura de relatos curtos no Museo de Arte Contemporáneo de Corme (MACCMO). A actividade, que forma parte do ciclo “Un Mar de Relatos”, levaráse a cabo todos os mércores do mes de xullo ás 12:30 no museo.
Os asistentes poderán participar cada semana nunha lectura de relatos clásicos curtos para logo dar paso ao seu comentario ou coloquio. Con estas xornadas literarias promóvese así, a reflexión, o debate e a análise de diversos textos.
A iniciativa, dirixida a todos os públicos, deu comezo este mesmo mércores 14 de xullo, coa lectura da obra “A sirena na néboa” do autor Ray Bradbury.