Protección Civil vai colaborar no desarrollo da procesión, pero pídese que o público permaneza nas sillas habilitadas, e que manteña a distancia e a mascarilla en todo momento
BANDO FESTIVIDADE DO CARME EN CORME
MEDIDAS DE SEGURIDADE DE OBRIGADO CUMPRIMENTO pola pandemia da covid-19:
-LÉMBRASE A PROHIBICIÓN DE CONTRATAR DÚOS MUSICAIS, DJs OU MONTAR FESTAS, NA VÍA PÚBLICA, QUEDANDO ÉSTAS TOTALMENTE PROHIBIDAS.
-DEBERÁ RESPECTARSE O AFORO ESTABLECIDO POLA XUNTA DE GALICIA, TANTO NO INTERIOR COMO NO EXTERIOR DOS LOCAIS, E NON SE PODERÁN SERVIR BEBIDAS NIN CONSUMICIÓNS A PERSOAS QUE NON ESTEAN SENTADAS NUNHA MESA.
-OS BOTELLÓNS ESTARÁN PROHIBIDOS EN TODO O TERMO MUNICIPAL AS 24HS DO DÍA EN TODOS OS ESPAZOS PÚBLICOS INCLUÍDAS PRAIAS, PASEOS E PRAZAS.
-O MERCADO MUNICIPAL DE CORME TRASLADARASE DO VENRES AO XOVES POLA MAÑÁ.
-DESPOIS DA MISA DO CARME DO VENRES TERÁ LUGAR A PROCESIÓN ATA O PORTO, ONDE SE INICIARÁ A PROCESIÓN MARÍTIMA.
-O CONCELLO ACORDOU AS SEGUINTES NORMAS COA IGREXA E A CONFRARÍA:
OS ASISTENTES Á PROCESIÓN LEVARÁN MASCARILLA EN TODO MOMENTO E GARDARÁN A DISTANCIA DE SEGURIDADE MÍNIMA DE 1,5M.
AO CHEGAR AO PORTO, HABERÁ SILLAS HABILITADAS PARA AGARDAR QUE A VIRXE DO CARME VOLVA DA PROCESIÓN MARÍTIMA.
PRÉGASE QUE O PÚBLICO NON SUBA AOS BARCOS PARA A PROCESIÓN POLAS CIRCUNSTANCIAS ESPECIAIS ESTE ANO DA COVID-19, E QUE AGARDEN NAS SILLAS HABILITADAS DO PORTO, DEIXANDO A PROCESIÓN Á XENTE DO MAR.
QUEDA BAIXO A RESPONSABILIDADE DE CADA PATRÓN/PATROA ADMITIR Á EMBARCACIÓN ÁS PERSOAS DIRECTAS QUE ELES CONSIDEREN, PERO DESACONSÉLLASE POLA SITUACIÓN SANITARIA E A IMPOSIBILIDADE DE GARDAR A DISTANCIA DE SEGURIDADE.
POLICIA LOCAL, GARDA CIVIL E PROTECCIÓN CIVIL DE PONTECESO COLABORARÁN EN TODO MOMENTO NO MANTEMENTO DESTAS NORMAS.
MOITAS GRAZAS POR COLABORAR.
SAÚDE, E FELIZ DÍA DO CARME.
Descargas asociadas