Ponteceso acollerá a exposición ao aire libre "Xogos e deportes tradicionais en murais de azulexo".
Unha mostra que chega da man da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), e na que colabora o Concello de Ponteceso.
O acto de inauguración será o sábado, 17 de xullo ás 12:00, no campo exterior de xogos do Centro Cultural de Ponteceso, espazo no que se poderá visitar ata o 3 de outubro.