Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso publica as súas actividades de verán

As solicitudes poderán tramitarse entre as 09:00 horas do 21 de xuño e as 14:00 horas do 23 de xuño

A partir das 09:00 horas do próximo luns 21 de xuño poderanse tramitar as solicitudes para as diferentes actividades que conforman a programación cultural e deportiva do Concello de Ponteceso para os meses de verán. Entre esas actividades inclúese a campaña de vela e windsurf da Deputación da Coruña, cursos de iniciación ao pádel, ao bádminton e a padel surf e kayak, o programa Capta a danza e un taller de abelorios.

As inscricións poderán realizarse ata as 14:00 horas do mércores 23 de xuño e tramitaranse preferiblemente a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso, aínda que tamén se poderán tramitar presencialmente con cita previa nos departamentos de Cultura e Deportes. As prazas adxudicaranse por sorteo público, que se celebrará no salón de plenos o luns 28 de xuño ás 12:00 horas, tendo preferencia as persoas empadroadas. Para presenciar o sorteo haberá que confirmar asistencia.

Os horarios das actividades están suxeitos a modificacións segundo as necesidades e cada actividade precisa un mínimo de inscritos para realizarse. Para máis información, pódese contactar co Departamento de Cultura (630 907 124) ou co Departamento de Deportes (616 485 520).

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso